Adxuntamos o documento coas actividades extraescolares organizadas pola ANPA Campo da Leña‑Zalaeta para o curso 2025/26.
Debido ao recente cambio na directiva, temos prazos axustados para formalizar inscricións.
- Prazo de inscrición: ata o 9 de outubro.
- Quén pode anotarse: só socios e socias da ANPA.
- Inicio das clases: desde o 13 de outubro; a primeira cota corresponderá a medio mes.
Non foi posible organizar actividades dependentes da Federación. Inglés, baloncesto e baile moderno comezarán en xaneiro se hai suficientes alumnos apuntados. Tamén se está negociando a actividade de Musica, ofrecida o pasado curso.
Máis info e inscricións no PDF adxunto ou en anpaieszalaeta@gmail.com.
Comentarios
Publicar un comentario